Thursday 16 de May de 2024

Tertulias literarias na biblioteca de Santa Cruz


A inscrición ás tertulias literarias na biblioteca de Santa Cruz abrirase o próximo martes 26 de setembro ás 10:00h. É posible apuntarse persoalmente na biblioteca ou chamando por teléfono ao 981 626 338.

A animación á lectura, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da mesma, compartir e debater ideas ou reflexionar sobre diferentes asuntos e puntos de vista son os obxectivos principais que se perseguen con este programa cultural desenvolto na biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz.

Nas tertulias literarias comentaranse obras de distintos xéneros, principalmente narrativa contemporánea, mais tamén poesía, teatro ou ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e lúdico da lectura.

A actividade, que conta con 38 prazas por orde de inscrición distribuídas en 2 grupo de 19 persoas; está dirixida a maiores de 18 anos e durará ata o mes de xuño de 2024. As sesións celebraranse os martes quincenalmente ás 17:30h e a duración de cada sesión será de 90 minutos.

O día da presentación será o martes 17 de outubro ás 17:30h para os dous grupos.